Hoxe entréganse os boletíns de notas, nesta entrada tentamos darvos unha visión distinta de coma afrontar este momento, agardamos que vos sexan útiles. Non esquezades ademais que no Departamento de Orientación estamos á vosa disposición para tentar resolver as vosas dúbidas.
Qué facer no momento de
recibilas.
• Manter a calma.
• Non manifestar enfado, nen
disgusto, nen decepción.
• Non realizar amenazas nin
castigos,non son eficaces.
• Destacar o positivo.
• Transmitir confianza nas
súas posibilidades.
• Non anticipar
consecuencias negativas futuras.
• Utilizar unha linguaxe
asertiva
• Comunicación asertiva
• Dirixir os comentarios ó
seu comportamento, non a súa persoa.
• Non utilizar termos
categóricos: sempre/nunca.
• Non confundir dificultades
con falta de interese.
• Utilizar termos coma “é bo
para ti”, “pode ser convinte”… en vez de impositivos “o que tes que facer.
Dous días despois:
plan de mellora.
Para obter unhas
calificacións óptimas é necesaria a combinación de:
CONFIANZA (Autoconcepto)
+
BENESTAR (Autoestima)
+
HABILIDADES
+
HÁBITOS
Durante o trimestre:
Autoconcepto e Autoestima.
• O plan de traballo parte
do que se sabe facer, non do que tería que facer ou podería facer.
• Favorecerá a obtención de
pequenos logros, os cales revisaránse semanalmente.
• Facilitaránselle as guías
e apoios necesarios, non basta con dicirlle o que ten que facer. Hai que guiar,
revisar, correxir e felicitar.
• A mellor maneira de
facelo, en coordinación ca escola.
En Resumo:…..
• PACIENCIA, dándolles tempo
para conseguir que, pouco a pouco, vaian aprendendo o que desexamos.
• COMPRENSIÓN, admitindo as
súas características, que están a aprender e que non poden facer as cousas coma
nós queremos de maneira inmediata.
• TOLERANCIA, permitindo que
se equivoquen ou fagan as cousas de maneira diferente a coma nós desexamos,
ALGUNHA VEZ.