martes, 20 de octubre de 2009

Mundo Laboral

Como sabeis, desde hoy se acabaron las colas del INEM. Si tenéis un certificado laboral o el DNI electrónico, podéis hacer todas vuestras consultas a través de la red, en el siguiente link.

Servicio Galego de Colocación

jueves, 8 de octubre de 2009

Becas de estudios generales e idiomas

Los idiomas se consideran fundamentales en el desarrollo profesional de cualquier persona, ya que  abren muchas puertas en el mundo laboral y cultural.

Por ese motivo, os dejo un enlace donde podéis consultar las diferentes becas que se ofertan.

Ministerio de Educación

lunes, 5 de octubre de 2009

A Formación Profesional

Nesta ocasión  gustaríame informaros sobre como se organiza a formación profesional en Galicia.

A FP está dividida en:

CICLOS DE GRAO MEDIO:

Pódese acceder de xeito directo, ou ben mediante unha proba, para a que se reserva o 20% das prazas.

Acceso directo.
Para poder cursar estudios de ciclos formativos de grao medio débese cumprir algún dos requisitos seguintes:

*Posuír o título de graduado en educación secundaria.
*Posuír o título de técnico auxiliar.
*Posuír o título de técnico.
*Ter aprobado o segundo curso de bacharelato unificado polivalente (BUP).
*Ter superado o segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias (REM).
*Ter superado o terceiro curso do plan de 1963 das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.
*Ter superado o segundo curso do plan experimental.
*Ter superados outros estudios declarados equivalentes, para efectos académicos, con algúns dos anteriores.

Acceso mediante proba.
Poden concorrer ás probas aquelas persoas que teñan cumpridos 17 anos ou que os cumpran no ano en que se realicen as probas.

As dúas formas de acceso son incompatibles. En todo caso, ao acceso mediante proba unicamente poderán concorren as persoas que carezan de requisitos académicos que posibiliten o acceso directo.

Características das probas de acceso.
A proba de acceso é común para todo os ciclos formativos de grao medio e así se fai constar na certificación.

Estructúranse en tres partes, cada unha delas asociada a unha serie de competencias básicas consideradas imprescindibles para cursar con aproveitamento un ciclo formativo de grao medio:

a) Parte sociolingüística. Organízase en tres probas:
- Lingua castelá
- Lingua galega
- Ciencias sociais

b) Parte matemática. Organízase nunha única proba:
- Matemáticas

c) Parte científico-técnica. Organízase en dúas probas:
- Ciencias da natureza
- Tecnoloxía

A valoración de cada unha destas partes expresarase numericamente entre cero e dez. A nota final da proba calcularase sempre que se obteña polo menos unha puntuación de catro en cada unha das partes e será a media aritmética destas, expresada con dous decimais. Será positiva a cualificación de cinco puntos ou superior. En caso contrario, a nota final cualificarase como "non apto".

CICLOS SUPERIORES:

Pódese acceder de xeito directo, ou mediante unha proba, para a que se reserva o 20% das prazas.

Para cursar os ciclos formativos de grao superior requírese cumprir algún dos seguintes requisitos:
*Posuír o título de Bacharelato.
*Ter superado o segundo ciclo da reforma das ensinanzas medias (REM).
*Ter superado o curso de orientación universitaria ou preuniversitario.
*Posuír o título de técnico especialista, técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
*Posuír unha titulación universitaria ou equivalente.

Acceso mediante proba.
Poden concorrer ás probas:
a) Aquelas persoas que teñan cumpridos 19 anos ou que os cumpran no ano en que se realicen as probas.
b) Aquelas persoas que cumpran ou teñan cumpridos 18 anos de idade no ano natural de celebración da proba e estén en posesión do título de técnico que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción á que opta.

Características das probas de acceso.
A proba de acceso consta de dúas partes:
a) Parte común. Organízase en tres probas:
- Lingua galega
- Lingua castelá
- Matemáticas
b) Parte específica. Organízase en tres opcións (A, B e C)
- Opción A: Economía da empresa, Lingua estranxeira (inglés ou francés) e Filosofía e cidadanía.
- Opción B: Debuxo técnico, Tecnoloxía industrial e Física.
- Opción C: Ciencias da terra e ambientais, Química e Bioloxía.
Exencións da proba de acceso.
Os participantes nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior poderán solicitar a exención total ou parcial da proba.

As persoas que teñan superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos quedarán exentas de realizar esta proba e poderán participar directamente no proceso de admisión a ciclos formativos sen necesidade de inscribirse nas probas de acceso.

ENSINAZAS DE RÉXIME ESPECIAL:

Comprenden as ensinanzas artísticas, que teñen como finalidade proporcionarlle ó alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais das artes plásticas e o deseño.

PCPI:

Os programas de cualificación profesional inicial (PCPI) teñen como finalidade favorecer a inserción social, educativa e laboral das mozas e mozos.

Dirixiranse ao alumnado maior de dezaseis anos que non obtivese o título de graduado en educación secundaria obrigatoria e, excepcionalmente ao alumnado maior de quince anos.

Terán tres tipos de módulos:
- Específicos, que desenvolverán as competencias do perfil profesional.
- Formativos de carácter xeral, que posibilitarán o desenvolvemento das competencias básicas e favorecerán a transición desde o sistema educativo ao mundo laboral.
- Voluntarios, que conducirán á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

O alumnado que supere os módulos específicos e os formativos de carácter xeral obterá un certificado de profesionalidade de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. O que supere, ademais, os módulos voluntarios obterá tamén o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

Para máis información tedes a páxina web de educación da Xunta de Galicia.

Bolsa de empleo

Hola de nuevo. Aprovecho esta ocasión para poner a vuestra disposición una serie de vínculos a páginas webs que están relacionadas con la oferta y demanda de empleo.

www.infojobs.net

www.infoempleo.com

xunta de galicia

INEM

www.bolsadetrabajo.com

Entrevistas de trabajo

Espero que os sirvan de algo.

Un saludo.