Ola, agardamos que esteades todos ben, nesta entrada queremos deixarvos diferentes materias para este confinamento e a progresiva volta á normalidade:
PARA OS MAIS PEQUENOS.
Conto sobre o COVID-19 e como enfrontalo Conto covid 19
Artigo sobre consellos para as saídas dos nenos ¡Por fin al aire libre!
Podcast da psicóloga Ángela Magaz sobre coma preparar ós nenos para as saídas Medidas Desconfinamiento
Conto para vencer ó medo a sair á rúa Imos sair
PARA ADOLESCENTES.
Cómo organizar o estudo durante a cuarentena (compartido de Monica Diz Orienta), se queres axuda non dubides en contactar co Departamento.
Cómo Sobrevivir ó confinamento cos teus pais
Cuestionario Ansiedade, se tes mais de 5 BV , MV, non dubides en contactar co Departamento.
Cuestionario Estrés, se tes mais de 5 BV , MV, non dubides en contactar co Departamento.
PARA PAIS
Tareas da rutina diaria
Recursos para o confinamento e á volta á normalidade
Cuestionario para evaluar o impacto emocional do COVID-19 cuestionario on-line anónimo.
sábado, 25 de abril de 2020
Seguimos dende casa
Todo o alumnado e os seus pais/nais/titores legais do CPR San Jose poderán manter a comunicación continuada para calquera tipo de consulta, co Departamento de Orientación a través do seguinte mail:
luissousa@goasanjose.com
Procurarase realizar unha resposta inmediata. No corpo da mensaxe é necesario identificarse co nome e curso do alumno/a.
En caso de preferir contactar telefónicamente deixar na mensaxe un número de teléfono e procurarase realizar a chamada o antes posible.
POSIBLES CONSULTAS A REALIZAR:
- Dificultades emocionais, de ansiedade, distimia, ... .
- Medo ante o desconfinamento.
- Dificultades de comportamento, de relación, de autocontrol, de comunicación.
- Dificultades do sono, alimentarias, activación física.
- Dificultades e dúbidas no acompañamento a alumnado con dificultades na aprendizaxe ou problemas de conduta.
- Dificultades de organización, xestión e planificación das tarefas académicas.
- Dificultades de comunicación cos titores/as e profesorado de materias específicas.
- Dificultades de control e xestión no uso de redes sociais e tecnoloxías.
- Solicitude de información e orientación sobre calquera tema académico: acceso a estudos, elección de optativas, elección de estudos, coñecemento de opcións educativas ó rematar á etapa, ... .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)