martes, 22 de noviembre de 2016

Ingredientes Básicos da Educación (II)

COMPRENSIÓN

Imaxinemos que queredes aprender un novo idioma, supoñamos que “chinés”.
Dende logo que consideran a necesidade de recibir clases dun profesor. Durante estas clases empregaredes as vosas capacidades e habilidades. Os seus progresos na aprendizaxe do chinés, dependerán destas capacidades e habilidades, pero dende logo, terán que poñeer atención e realizar as tarefas que lles propoñan.

Nalgunhas ocasións non teredes gañas de estudar, ou de recibir a clase, ou vos distraeredes con outros pensamentos que vos preocupan. Ademais, progresaredes DESPACIO, porque aprender un idioma novo no é cousa doada e o chinés, ademais, é bastante costoso de aprender. Haberá algúns aspectos
da súa aprendizaxe que vos resultará mais doada e aprenderedes rápido, pero outros serán  mais difíciles. Esqueceredes cousas aprendidas e cometeredes erros ó longo do tempo.
E, por suposto, agardaredes do voso profesor de chinés “comprensión” pola vosa torpeza, os vosos erros, os vosos esquecementos  e polo voso ritmo de aprendizaxe…

O voso fillo ten que adquirir moitos hábitos, o que significa que ten que aprender moitas cousas e moi diversas. Estes aprendizaxes estarán limitados polas súas capacidades e os seus intereses en cada momento da súa vida. Ser uns pais comprensivos, educar con comprensión require que teñades sempre presente que o seu filllo non é unha máquina. Un  coche debe arrincar sempre, un avión debe voar siempre, unha máquina de café nunca poderá facer marmelada, un barco de vela non circulará pola estrada,…Pero un neno sí pode cometer erros, ter esquecementos, facer as cousas mal despois de facelas ben días antes, atoparse canso para facer algo, estar enfadado porque alguén o tratou mal (o él o cre así), estar frustrado porque as cousas no lle saliron coma él quería,…

Cando tratedes de comprender ó voso fillo, non tedes que xustificar o que fai ou o que deixa de facer, sinxelamente tolerades os seus erros, esquecementos ou equivocacións e non vos enfadades con él nin con vós mesmos, pensando que o están a facer mal coma pais. Sinxelamente a vida é así.
Para practicar a educación comprensiva debedes manter con frecuencia este tipo de pensamentos:
COMPRENDO QUE SE EQUIVOQUE,
QUE SE LLE ESQUEZAN AS COUSAS,
QUE O fAGA MAL ALGUNHA VEZ,
QUE NON O FAGA ALGUNHA VEZ,
QUE SE ATOPE CANSO, IRRITADO,…
Pero teñoo que seguir actuando de maneira sistemática e coun plan.
Co tempo os resultados serán excelentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario