sábado, 25 de abril de 2020

Seguimos dende casa

Todo o alumnado e os seus pais/nais/titores legais do CPR San Jose poderán manter a comunicación continuada para calquera tipo de consulta, co Departamento de Orientación a través do seguinte mail:
luissousa@goasanjose.com

Procurarase realizar unha resposta inmediata. No corpo da mensaxe é necesario identificarse co nome e curso do alumno/a.
En caso de preferir contactar telefónicamente deixar na mensaxe un número de teléfono e procurarase realizar a chamada o antes posible.  
POSIBLES CONSULTAS A REALIZAR:
  • Dificultades emocionais, de ansiedade, distimia, ... .
  • Medo ante o desconfinamento.
  • Dificultades de comportamento, de relación, de autocontrol, de comunicación.
  • Dificultades do sono, alimentarias, activación física.
  • Dificultades e dúbidas no acompañamento a alumnado con dificultades na aprendizaxe ou problemas de conduta.
  • Dificultades de organización, xestión e planificación das tarefas académicas.
  • Dificultades de comunicación cos titores/as e profesorado de materias específicas.
  • Dificultades de control e xestión no uso de redes sociais e tecnoloxías.
  • Solicitude de información e orientación sobre calquera tema académico: acceso a estudos, elección de optativas, elección de estudos, coñecemento de opcións educativas ó rematar á etapa, ... .

No hay comentarios:

Publicar un comentario