jueves, 18 de diciembre de 2014

QUÉ FACER ANTE A ENTREGA DAS NOTAS (e non nos gustan moito)

Hoxe entréganse os boletíns de notas, nesta entrada tentamos darvos unha visión distinta de coma afrontar este momento, agardamos que vos sexan útiles. Non esquezades ademais que no Departamento de Orientación estamos á vosa disposición para tentar resolver as vosas dúbidas.

 Qué facer no momento de recibilas.

       Manter a calma.
       Non manifestar enfado, nen disgusto, nen decepción.
       Non realizar amenazas nin castigos,non son eficaces.
       Destacar o positivo.
       Transmitir confianza nas súas posibilidades.
       Non anticipar consecuencias negativas futuras.
       Utilizar unha linguaxe asertiva
       Comunicación asertiva
       Dirixir os comentarios ó seu comportamento, non a súa persoa.
       Non utilizar termos categóricos: sempre/nunca.
       Non confundir dificultades con falta de interese.
       Utilizar termos coma “é bo para ti”, “pode ser convinte”… en vez de impositivos “o que tes que facer.

Dous días despois: plan de mellora.

Para obter unhas calificacións óptimas é necesaria a combinación de:

CONFIANZA (Autoconcepto)
              +
BENESTAR (Autoestima)
              +
               HABILIDADES
           +
HÁBITOS

Durante o trimestre: Autoconcepto e Autoestima.

       O plan de traballo parte do que se sabe facer, non do que tería que facer ou podería facer.
       Favorecerá a obtención de pequenos logros, os cales revisaránse semanalmente.
       Facilitaránselle as guías e apoios necesarios, non basta con dicirlle o que ten que facer. Hai que guiar, revisar, correxir e felicitar.
       A mellor maneira de facelo, en coordinación ca escola.

En Resumo:…..

       PACIENCIA, dándolles tempo para conseguir que, pouco a pouco, vaian aprendendo o que desexamos.

       COMPRENSIÓN, admitindo as súas características, que están a aprender e que non poden facer as cousas coma nós queremos de maneira inmediata.

       TOLERANCIA, permitindo que se equivoquen ou fagan as cousas de maneira diferente a coma nós desexamos, ALGUNHA VEZ.


No hay comentarios:

Publicar un comentario