martes, 8 de noviembre de 2016

Ingredientes Básicos da educación (I)



Hoxe, coma podedes intuir polo título,  imos a falar dun dos ingredientes que necesitamos para poder educar ós nosos fillos/as, para iso imos a seguir dúas publicacións  que me parecen moi recomendables, por unha parte “Mitos y errores en la educación” do profesor Josep Toro e pola outra de “PADEFES” do profesor Manuel García Pérez.
Comecemos pois, que é educar? 
Educar é que os seus fillos teñan uns comportamentos determinados, nuns contextos concretos, descalzarse ó chegar á casa,
que non os teñan en outros contextos, descalzarse pola rúa,
ou que non teñan outros comportamentos en ningún contexto, dicir palabrotas.
Ademais, queremos que esta forma de comportarse sexa un costume ou hábito e non algo aleatorio ou pouco frecuente.
En resumo: os pais consideran que a educación é un conxunto de procedementos mediante os que conseguen que os seus fillos ADQUIRAN uns HÁBITOS DE CONDUTA e que NON ADQUIRAN outros.
E cales son os ingredientes básicos para que este proceso se leve a cabo?, PACIENCIA, COMPRENSIÓN E AMOR, moito amor… estas son as condicións indispensables, pero non as suficientes, pero iso xa o veremos en próximas entradas.

Volvendo ó tema debemos manter na memoria permanentemente estes ingredientes, así coma o que significa actuar pensando deste xeito.
Para axudarvos imos a falar hoxe do primeiro destes ingredientes a

PACIENCIA:
A educación é un proceso longo, por medio do cal e por influencia dos seus pais o neno vai desenvolvendo as súas capacidades e adquirindo habilidades que se deben establecer coma “hábitos de conduta”.
Algúns pais cren que ter paciencia cos fillos é deixar pasar o tempo ata que “algo ocurra” e os seus fillos cambien…
Certos profesionais da Psicoloxía comentan que os cambios serán o resultado da “maduración” dos nenos. Nada mais falso e alonxado da realidade.
Somentes maduran as froitas e as hortalizas, polo que, o termo madurez debería quedar restrinxido ó uso dos agricultores e botánicos.
Se vostede non actúa educativamente co seu fillo, no terán lugar os cambios na súa conduta que o leven a un estado de “ben educado”.
Polo tanto, mentres actúa educando (premia, castiga, incentiva, reflexiona co seu fillo, etc.) DEBE TER PACIENCIA. Agardar mentres comproba os cambios que, pouco a pouco, vanse  ir observando  na conduta do seu fillo.
Recorde este pensamento:
DEBO TER PACIENCIA
Pero teño que seguir actuando de maneira sistemática e cun plan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario