viernes, 15 de mayo de 2020

Mais materiais para disfrutar en familia.

Ola, agardamos que esteades a levar o mellor posible esta "nova normalidade".

Coma ben sabedes o noso centro participa no Proxecto Educación Responsable da Fundación Botín, co que traballamos en todas as etapas do noso cole o desenvolvemento afectivo, cognitivo, social e creativo dos vosos fillos.
Para poder seguir disfrutando na casa destas actividades o equipo de Educación Responsable segue a xerar actividades para compartilas con vós, as cales podedes abrilas no seguinte enlace: YomequedoencasaER. Se tedes calquera dúbida ou queredes compartir o que facedes deste programa podedes poñervos en contacto neste enlace: Orientación.

Ademais aproveitamos para deixar un material interesante que unha das nosas nais quiso compartir con nós masalladelbalcon, seguro que vos gusta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario